Miquel Amorós en Vigo: rexeitar a enerxía nuclear, si. Mais tamén a organización social que a fai posíbel

Amorós

O historiador e teórico anarquista estará esta segunda feira en Vigo (Cova dos Ratos), nunha palestra sobre as loitas, experiencias e mobilizacións 'anti-desarrollistas' a raíz de experiencias concretas contra a enerxía nuclear (Francia) e as liñas MAT (Catalunya).

Miquel Amorós (1949) é un historiador, teórico e militante anarquista valenciano que non deixa indiferente. Nin sequera no campo, por dicilo así, libertario, onde ten detractor@s e partillador@s das súas opinións. É, tamén, o responsábel da selección e traducción dos textos recollidos no libro Fisuras en el consenso  e por ese motivo vai estar en Vigo esta sexta feira, 4 de novembro, na Cova dos Ratos, a partir das 20:00 horas. O acto está organizado poe GAS (Grupo de Axitación Social) e Lapsus distribuidora.

O libro a presentar é unha antoloxía de textos do Comité Irradiés ("Irradiados do Mundo, Unídevos"), enlazando as actividades e posicionamentos do colectivo francés coa mobilización actual contra as liñas da MAT (Moi Alta Tesión) coas que se pretende introducir en terras catalás a enerxía xerada nas centrais nucleares francesas.

Ler, aprender, probar

Un terreo, o da teoría, pero tamén o da práctica, "abondo fértil para dar debida resposta, en tempo e forma, aos máis variados desafíos. E de entre eles, un, a MAT (Moi Alta Tensión), que na actualidade ameaza con levar por diante todo canto atope ao seu paso nas comarcas do Gironés, Pla de l´Estany e Alt e Baix Empordá, baixo o pretexto da eficacia no transporte de enerxía a grandes distancias".