A mina de Touro, o río Portapego e as posibilidades de vida extraterrestre

Imaxe: Adega

Cobre San Rafael alega para non recuperar un río contaminado pola mina de Touro a presenza de organismos “de interese científico” para as “posibilidades de vida extraterrestre”.

A explotación durante anos dunha mina de cobre en Touro deixou importantes consecuencias ambientais na zona, os "pasivos ambientais" que, como afirma o colectivo Adega, a propia empresa mineira recoñeceu que non se subsanaron. A Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza chama a atención sobre algún dos argumentos dados pola firma, Cobre San Rafael, para non acometer estas tarefas e traballos de restauración e restitución de zonas afectadas como o río Portapego.

 

Os ambientalistas indican que nunha resposta á administración, esta empresa recoñecía que “nas augas do Portapego non se fixeron labores de recuperación”, argumentando para iso a presenza de “organismos extremófilos con maior diversidades descoñecida para a ciencia que no río Tinto”. A firma asegura que “a corrección deste sistema podería supoñer a eliminación dunha biodiversidade de elevado interese científico para aspectos como a orixe da vida, as posibilidades de vida extraterrestre…”.

 

“Semella que case debemos agradecer a Cobre San Rafael o ácido e os metais pesados vertidos durante anos dende a explotación mineira, porque deste xeito hoxe podemos investigar bacterias primitivas e contribuír ao estudo da vida extraterrestre”, ironiza Adega. “Se as augas están tan contaminadas pola mina que só poden sobrevivir bacterias primitivas onde antes nadaban insectos, peixes, anfibios... pois facemos un parque temático de bacterias estremófilas para estudar a vida extraterrestre!”.

 

A propia Adega recoñece a ‘rareza’ destes argumentos e por iso recalca que, embora dar esa noticia 28 de decembro, non se trata dunha ‘inocentada’ (a diferenza da maior parte de países europeos, tamén Galiza, que o fan o 1 de abril o día de enganos e brincadeiras; en España é o 28 de