Millón e medio de galegas non se move máis alá de 500 metros das súas casas durante o confinamento

Compostela (Arxina)

Datos do estudo de mobilidade realizado polo Ministerio de Transportes a través dos datos de teléfonos móbiles e 'big data'.

Por volta de 1,5 millóns de galegos e galegas non se desprazan máis alá de 500 metros das súas casas durante o estado de alarma, segundo datos do estudo de mobilidade realizado polo Ministerio de Transportes a través de datos de teléfonos móbiles e ' big data”.

Porén, hai diferenzas entre os días da semana, xa que esa cifra ascende a 1,7 millóns os domingos, o día en que existe menos mobilidade, mais cae as segundas feiras - ficou en 1,3 millóns o 16 Abril--.

Con respecto ao resto da poboación que percorre distancias máis longas, entre 100.000 e 150.000 persoas realizan unha saída de máis de 500 metros cada día das súas casas. Ademais, segundo o día, entre 330.000 e 450.000 persoas realizan dúas viaxes de máis de 500 metros.

Mentres tanto, as que realizan máis de dúas viaxes de 500 metros varían considerabelmente segundo o día, xa que a segunda feira 16 de marzo había 865.000, mentres que o domingo de Pascua quedaron arredor de 550.000.

Ao analizar a mobilidade durante o estado de alarma en comparación con antes do confinamento, na Galiza a caída está por riba de 70% nos días festivos e fins de semana, e por riba do 60% nos días laborábeis.