O militar que denunciou os abusos no Exército español ingresará nunha ‘cadea’ militar

Luis González

Luis González confesaba nunha recente entrevista no número 98 do semanario Sermos Galiza: ‘Agardo que me esnaquicen, que acaben comigo’’.

Luis González Segura (Madrid, 1977), tenente do exército español, vén de ser punido co ingreso nun centro disciplinario militar (rexime case idéntico ao dunha prisión), segundo fontes próximas ao militar comunicaron a ‘La Marea’. O perído de internamento podería chegar até os seis meses e prodúcese a raíz da publicación dun libro no que denuncia casos de corripción e abusos no Exército español. Os seus superiores responsabilízano de dúas faltas graves.

"Boa parte da oficialidade pensa que pode facer e desfacer con total impunidade"

Nunha entrevista con Sermos Galiza publicada no nº98 do semanario, Luis González recoñecía que a publicación do libro ‘Un paso al frente’ ía traerlle problemas. “Agardo que me esnaquicen, que acaben comingo”, confesaba. “Desde que se suprimiu a mili e se profesionalizaron as Forzas Armadas, a maioría da sociedaden civil non sabe o que pasa no interior dos cuarteis e dos buques”, dicía na entrevista.

“A vida mudou para mellor na sociedade, non no exército”

Este madrileño que ingresou nas Forzas Armadas en 2002 cualifica de “durísima” a vida intramuros, incidindo en que poucas cousas variaron no interior do exército desde a ditadura. "Boa parte da oficialidade pensa que hoxendía pode facer e desfacer como lles pete sen que nada aconteza, con total impunidade".

Coa publicación do libro Luis González recoñecía ser consciente de que "destrocei a miña vida profesional e tamén a persoal, mais se o fixen foi por dar unha saída á frustración que me producía o que estaba a vivir eu e os meus compañeiros".