Mil universitari@s galeg@s que están a estudar no estranxeiro ficarán 'tirad@s' sen a Erasmus

Universidade da Coruña

Hai 1.500 moz@s galeg@s das tres universidades do noso país a estudar nalgún país estranxeiro. Fontes académicas cifran nun millar as que ficarán sen a Erasmus por mor da decisión do MInisterio de Educación.

Por volta de 1.500 estudiantes das universidades galegas están en países europeos a través do programa Erasmus, un proxecto de mobilidade europea que permite estudar parte do curso ou o curso enteiro nunha universidade doutro país. Por volta de 1.000 dest@s estudantes ficarán sen a bolsa que achega o Ministerio de Educación e que todos os anos completaba a achega europea a universitari@s, segundo sinalan desde Europa Press.

A Universidade de Santiago (USC) conta cuns 600 alumn@s no estranxeiro, e con este programa veranse atinxid@s pola retirada da axuda do Ministerio “tres de cada catro estudantes”, segundo fontes académicas consultadas pola devandita axencia.

No que atinxe á Universidade de Vigo, para o curso enteiro e o primeiro semestre están inscrit@s 530 estudantes e, en palabras do vice-reitor de Relacións Internacionais, Manuel Fernández Iglesias, “máis da metade” ficarán sen a axuda económica do Ministerio.

E na Universade coruñesa hai máis de 400 alumn@s que están a estudar no estranxeiro, unha cifra da que só uns 120 terán a axuda necesaria para manter a Erasmus.