“Publicidade enganosa”

Mestrados en cuestión

[Imaxe: Cedida]

O “caso Cifuentes” destapou irregularidades relacionadas coa impartición e expedición de títulos de mestrado na Universidad Rey Juan Carlos de Madrid que seguen a ser investigadas en sede xudicial. A institución, moi vencellada ao PP (fundouse sendo Ruiz-Gallardón presidente da Comunidad de Madrid) tamén ten tentáculos na Galiza. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 299 de Sermos Galiza.

Con relacións con empresas e mesmo institucións públicas, a Universidad Rey Juan Carlos de Madrid teceu ao longo das súas máis de dúas décadas de vida unha rede de colaboradores que abrangue non só programas ou convenios en materia de prácticas, senón tamén a docencia en centros de ensino para a impartición de cursos revestidos da oficialidade dun mestrado.

 

A lei en materia de ensino superior é clara, aínda que resulta obvio que, á vista das últimas polémicas, non o é todo o que debera. O emprego de terminoloxía que tería que ser unívoca e inequívoca pode inducir a interpretacións susceptíbeis de infundir certa confusión entre o alumnado que, condicionado polo novo Espazo Europeo de Educación Superior, ve na realización dun mestrado unha oportunidade para rematar a súa preparación académica e mesmo unha obriga imprescindíbel para acceder ao mercado laboral.

 

Nos últimos tempos, tamén como consecuencia da liberalización do ensino en determinados niveis, teñen xurdido centros promovidos pola iniciativa privada que se apoian en “modelos de éxito”, isto é, de persoas relevantes no mundo empresarial que coñecerían dun xeito máis preciso as demandas do mercado laboral e dos novos espazos de emprego.

 

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 299 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]