Oito meses de espera para recibir tratamento por una doenza invalidante

O paciente está diagnosticado de espondiloartrose lumbar, enfermidade dexenerativa e invalidante que afecta os discos e as vértebras e que produce importante dor e rixidez.

A Plataforma pola sanidade pública da Mariña denuncia que un paciente leva oito meses de espera para recibir fisioterapia por unha enfermidade invalidante.  O paciente está diagnosticado de espondiloartrose lumbar, enfermidade dexenerativa e invalidante que afecta os discos e as vértebras e que produce importante dor e rixidez ,podendo tamén desencadear espolóns que pincen raíces nervosas e hernias de disco. “Por iso é clave a instauración  precoz dun tratamento rehabilitador, orientado á eliminación da dor, á melloría da mobilidade e  para evitar rixideces” .

 

Este usuario acude ao servizo de Rehabilitación do Hospital da Mariña donde é visto pola facultativa rehabilitadora , que prescribe fisioterapia en clínica concertada o día 26 de outubro de 2017. Oito meses despois desta prescripción ainda non foi chamado .  “Como pasaba o tempo e non me chamaban da clínica privada achegueime ata alí a preguntar canto tempo máis tiña que agardar, e cal sería a miña sorpresa cando me contestan que non recibiran a petición”- comenta o afectado segundo o comunicado da Plataforma

 

Por iste motivo decide acudir á  Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR), que desde hai tres meses presta axuda a usuarias, profesionais e colectivos , e decide poñer unha reclamación que lle redacta a devandita unidade  e que se presenta no rexistro o día 20 de xuño de 2018, con número de rexistro 2518.

 

“Desde a Plataforma Sanitaria reiteramos a nosa indignación pola inexcusable falta de previsión que mantén o SERGAS e as Xerencias , que cremos é  premeditada e froito dunha estratexia para desmantelar os servizos sanitarios públicos en aras dunha privatización da sanidade que avanza a “toda máquina.”