Caderno de Verán

Menú de froita e verdura

O Craega recomenda a fruta e verdura de tempada (Craega)
O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (Craega) indica que a poboación de cidades como Vigo ou A Coruña está máis concienciada co consumo de produtos cultivados de maneira sostíbel que a do resto do país.

Non é ningún segredo que a estas alturas do ano nos refrixeradores de moitas casas hai un oco reservado para unha boa peza de melón ou sandía. E fan ben as e os que así o deciden porque se se quere ser sustentábel e consumidor de quilómetro cero na medida do posíbel, xa o di o Consello Regulador da Agricultura Ecológica de Galicia (Craega) "no verán tradicionalmente hai máis produtos de horta polo clima; carne e leite temos todo o ano".

O secretario do Craega, Javier García, fala dos productos certificados polo Consello Regulador galego. O coronavirus non impediu que se controlaran as plantacións. 

"Todos os produtos hortícolas tiveron máis movemento hai catro meses sen afección da Covid-19", explica. O cadro de persoal de inspección acudiu, coas medidas sanitarias e precisas, a facer "os controis e as certificación".

Todo está boísimo, non hai dúbida. Pero nesta tempada recomenda probar o que aínda está a saír da terra: calabacíns, leitugas, tomates, pementos, patacas... Vén xenial está cesta da compra porque "en verán tiras máis das ensaladas".

Nas grandes ciudades como Vigo ou A Coruña hai unha maior "sensibilización polo produto ecolóxico" porque, dalgún xeito, nas aldeas a cidadanía xa está acostumada a comer o que cultiva. Tan sinxelo como coller a froita da árbore. 

O éxito do terreo galego é coñecido, pois nos ámbitos agrarios rumoréase que hai produtores non ecológicos doutras partes do Estado que buscan fincas para cultivar a medio e longo prazo aquí. Deste xeito, tendo en conta o cambio climático, poderían dar resposta a outra clientela que non mira o quilómetro cero senón que quere ter todos os froitos en cualquera época do ano.

A nivel de negocio, a horta de Galiza conformaríase, fundamentalmente, por varias comarcas do norte. No entanto, o punto forte do país no que é este tipo de produción sostíbel tradúcese nas explotacións agrogandeiras.

O volume de ventas segue a crecer tanto na carne como en alimentos derivados do coidado animal como a leite e outras variedades de lácteos. "O 70% do leite" que se envasa en España é galego.