“Menos falar e máis vacinar”: Alumnado de Odontoloxía maniféstase para denunciar a súa "discriminación" no proceso de vacinación

Imaxe dun momento da protesta (Foto: Europa Press)

Denuncian que Odontoloxía é a única das carreiras sanitarias que non está a ser vacinada, a diferenza dos seus compañeiros de Medicina, Enfermería, Psicoloxía, Podoloxía, Óptica e Farmacia.

Ducias de estudantes de Odontoloxía maniféstanse hoxe, día 12, nas rúas da capital galega para denunciar a "discriminación" á que se ven sometidos no proceso de vacinación contra a Covid-19 organizado polo  Servizo  Galego de  Saúde.

A protesta, organizada pola Asociación de  Estudantes de  Odontoloxía de Santiago de Compostela ( AEOS), arrincou cunha concentración perante a propia sede da Consellería de  Sanidade.

Alí reuníronse ducias de alumnos e alumnas desta titulació, que acudiron ataviados coas súas batas e máscaras de traballo para instar o Sergas a incluílos “dunha vez” no seu plan de inmunización, entre consignas como 'Feixoo,  escoita,  Odonto está en  loita' ou 'Menos  falar e  máis  vacinar'.

Cristina Sevilla, estudante de cuarto desta titulación e presidenta da asociación de alumnos, explicou en declaracións aos medios que Odontoloxía é a única das carreiras sanitarias que non está a ser vacinada, a diferenza dos seus compañeiros de Medicina, Enfermería, Psicoloxía, Podoloxía, Óptica e Farmacia.

Todo iso a pesar de que se sitúan "na primeira liña", con pacientes sen máscara e "moi preto da boca" e o risco que iso supón polos aerosois, que son "a principal fonte de contaxio" por Covid-19.