Medio Rural cesa este mes 65% do dispositivo contra incendios

incendios

Denúnciao Comisións Obreiras, que fala de “desmantelamento”

A Consellaría do Medio Rural cesa este mes case 55 % do Servizo Público de Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF), denuncia CCOO. Con data do 12 de novembro, o departamento autonómico deixou sen traballo 436 traballadores e traballadoras, ás que se sumarán outros 626 a partir do día 30. Trátase dos integrantes do SPDCIF con contratos fixos-descontinuos de tres e nove meses, respectivamente.

 

O sindicato alerta deste «desmantelamento» do dispositivo, que se incrementaría a 65 % se se contase a parte do operativo que depende da empresa pública SEAGA. “Ao tempo que persoal do servizo público vai ao paro, continúan a prestar servizo empresas privadas, como é o caso da UTE Babcock-Natutecnia”. Unha empresa no albo pola imputación do dicrector xeral Fernández Couto a raíz dunha adxudicación a esta firma dun contrato de emdios aéreos.