A CIG denuncia retalladas na área de Valdeorras

Un médico nunha mañá: 80 pacientes e mais visitas a domicilios

Protesta contra os recortes sanitarios en Valdeorras. Foto: cedida.

Dos tres médicos que pasan consulta en Viana do Bolo só un traballou a semana pasada. Así, unha sóa persoa enfrontouse, nunha quenda de mañá, a 80 consultas e desprazamentos domicialiarios. “Foille imposíbel atender axeitadamente unha poboación que ademais medra coa chegada de veraneantes”, denuncia a CIG.
 

“Rexeitamos as prácticas irresponsábeis e temerarias coas que a xerencia da estrutura de xestión integrada de Ourense tratan a poboación do distrito de Valdeorras”, critican. Ademais da redución de facultativos, pecháronse camas, non se cobren vacacións ou baixas do persoal ou reducíronse servizos.

 

O sindicato tamén expón que “os xestores sanitarios” lles advertiron que non teñen “a representación dos pacientes” e que “non deben ocuoparse da situación das resonancias magnéticas nin das listas de espera”. Mais a CIG, desde a súa sección de saúdo do Barco de Valdeorras, afirman que segurán defender “os dereitos das traballadoras e traballadores e tamén dos pacientes, gústelle ou non á administración sanitaria”.