As máscaras ao aire libre teñen data de caducidade: o 26 de xuño

Usuarias con máscaras nunha praia da Laracha, que fica no nivel alto de limitacións. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
A que comeza hoxe será a última fin de semana en que as máscaras sexan obrigatorias no exterior. O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, anunciou na mañá da sexta feira que o uso dos cubrebocas deixarán de ser unha obriga ao aire libre desde o 26 de xuño.

Despois de semanas de murmurios e predicións, presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, anunciou na mañá da sexta feira que as máscaras deixarán de ser obrigatorias nos espazos ao aire libre a partir do sábado 26 de xuño.

Na súa intervención na clausura da Reunión Círculo de Economía, que decorre en Barcelona, o xefe do Executivo estatal explicou que convocará un Consello de Ministros extraordinario a próxima quinta feira para aprobar a medida.

 

Sanidade e Moncloa queren evitar agora un novo parche. O feito de que convocase un consello extraordinario e non aproveite o ordinario das terzas ten o seu motivo, segundo explicaron responsábeis do Ministerio de Sanidade. 

O Executivo quere discutir os detalles da nova normativa sobre máscaras coas autonomías, tanto na terza feira na Comisión de Saúde Pública como a cuarta no Consello Interterritorial de SaúdeExplicou Sánchez que a máscara en exteriores seguirá a ser obrigatoria sempre e cando non se respecte o metro e medio de distancia entre as persoas.

Última fin de semana con máscaras ao aire libre

"Este será a última fin de semana con máscaras nos espazos ao aire libre", celebrou Sánchez, que destacou que as previsións que fixo o Goberno non só son optimistas senón que van ficar curtas.

O Consello Interterritorial de Saúde, integrado polo Ministerio de Sanidade e as consellerías, xa pospuxo na cuarta feira a medida. O mesmo ocorreu na terza durante a Comisión de Saúde Pública.

Varias comunidades estiveron presionando para que se adopte a medida de inmediato. Por parte da Galiza, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, declarara publicamente a que o obxectivo era prescindir dos cubrebocas en exteriores "en xullo ou agosto".

Francia e Alemaña apostaron polo 1 de xullo para permitir ir sen máscara pola rúa.