A Mariña volveu saír á rúa na defensa da sanidade pública

Imaxe: PSdeG

Por volta de dúas mil persoas manifestáronse en Burela convocados pola Plataforma na Defensa da Sanidade Pública. Vídeo no interior

Por volta de dúas mil persoas manifestáronse na tarde desta quinta feira en Burela para demandar melloras nos servizos sanitarios da comarca, nunha nova mobilización da Mariña na defensa da sanidade pública. Unha marcha convocada pola Plataforma en defensa da sanidade pública e que contou co apoio de sindicatos e organizacións como En Marea, PSdeG ou BNG.

 

A Mariña deixou de ser hai un ano área sanitaria, no marco do proceso de reestruturación nas Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI), que tamén implicou a fin da área de Monforte.  O paulatino aumento nas derivacións cara a Lugo, os datos sobre os tempos de agarda para consultas probas diagnósticas ou intervencións cirúrxicas, a sobrecarga á que se ten sometida a cadros de persoal insufientes, ou a falla de medios e servizos son algunhas das denuncias desta mobilización.

 

O deterioro no servizo e calidade no Hospital da Costa e en Atención Primaria foi denunciado polas manifestantes, que responsabilizan as políticas do gobernó galego desa situación. “onde están os máis e mellores servizos prometidos?” preguntou o médico Fernández Fraga, que deu lectura ao manifesto. Nas faixas das manifestantes, lemas como A saúde non é un negocio.