O Marianne navega rumo a Lisboa

[Imaxe Esquerda.net]

O buque chegará o 3 de xuño á Marina do Parque das Nações de onde partirá o día 5 cara ao Mediterráneo.

 

Após a súa estadía no porto de Bueu o Marianne --un dos buques que compoñen a III Flotilla da Liberdade-- viaxa cara á Lisboa. Entre a súa tripulación atópase a portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, a activista de Porto, Ana da Palma e o xornalista de La Marea, Eduardo Muriel. 

No seu interior porta unha carga simbólica de paneis solares e axuda médica destinada a rachar co bloqueo da Faixa de Gaza. 

En Lisboa, o Marianne, atracará na cuarta feira (3 de abril) na Marina do Parque das Nações onde será recibido por diversos grupos e colectivos de solidariedade coa loita do pobo palestiniano. Asemade, organizarán un debate no interior do propio pesqueiro. 

A viaxe tórnase chea de simbolismo após o quinto aniversario do ataque á I Flotilla no que o exército israelita asasinou a 10 activistas, os máis turcos. 

O 5 de xuño partirá desde Lisboa con dirección ao Mediterráneo para antes facer unha última parada en Motril (Andalucía) onde recollerán nova pasaxe rumo a Gaza.