María Osorio, libre

Imaxes Cedidas

A xa expresa independentista saíu esta sexta feira da prisión de Mansilla (León), acabando un periplo de case seis anos en cárceres españois.

María Osorio xa está en liberdade. Na mañá desta sexta feira abandonou o cárcere de Mansilla de las Mulas (León), onde a agardaban familiares e amigos para recibila e darlle unha primeira benvida antes de partir cara Galiza.

 

A apenas dous quilómetros do cárcere leonés, un control da Garda Civil procedeu a identificar as amizades e familiares que foron recibir a presa independentista.

 

Aliás, durante o acto, e como aseguran testemuñas, había axentes á paisana sacando fotos á ente que tomaba parte no mesmo.

 

A veciña de Becerreá pasou case seis anos en diversos cárceres españois, sometida a dispersión penitenciaria e clasificada  como FIES-3 (o que se aplica a presos independentistas galegos).

 

María Osorio foi detida en decembro de 2011 en Lugo canda o seu compañeiro, Antom Santos, acusada de pertenza a Resistencia Galega. A Audiencia Nacional condenouna a 10 anos de prisión, pena que foi reducida após a presentación de diversos recursos.