NÚMERO 1.000 DE 'NÓS DIARIO'

María Obelleiro explica na Coruña a importancia dun xornalismo feito na Galiza para a Galiza

Acto de Nós Diario esta segunda feira na Coruña (Foto: M. M.).

Nós Diario continúa coa súa xeira de actos de cara á publicación do seu número 1.000. Esta segunda feira foi a quenda da cidade da Coruña.

Nós Diario continúa coa súa xeira de actos de cara á publicación do seu número 1.000. Esta segunda feira foi a quenda da cidade da Coruña nun acto en que interviñeron Xoán Costa, presidente de Sermos Galiza SA, María Xosé Bravo, presidenta da A.C. Alexandre Bóveda e María Obelleiro, directora de Nós Diario.

A actividade tivo moi boa acollida cunha gran afluencia de público que se achegou para coñecer o proxecto do único xornal en papel integramente en lingua galega do país.

100 persoas aproximadamente acudiron a un acto en que tamén houbo lugar para un coloquio posterior ás intervencións. Algunhas das persoas presentes puideron facer preguntas ás persoas poñentes que responderon sobre diversidade de temas.

Diversas temáticas

Desde a exclusión das axudas á prensa escrita que sufre o medio á necesidade de impulsar o papel para a consolidación da prensa en galego, foron algúns dos temas que se trataron nun interesante acto.

Para a directora é "indispensábel" o xornal para conseguir "sacar do ostracismo temas de actualidade que os poderes públicos, nomeadamente a Xunta, queren agochar".