María Obelleiro analiza os riscos da desinformación no marco europeo

Carvalho, Otamendi, Martí, Obelleiro e Miranda durante o coloquio (Foto: Arxina)-
A Galería das Letras e das Ideas do Festigal acolleu onte unha palestra titulada 'Medios de Comunicación e desinformación no marco europeo'.

A Galería das Letras e das Ideas do Festigal acolleu onte unha palestra titulada 'Medios de Comunicación e desinformación no marco europeo'.

Na charla participaron o xornalista portugués Bruno Carvalho, o ex director do diario euskaldún Berria, Martxelo Otamendi, o director da radio Ona Mediterrànea, Tomeu Martí e a directora de Nós Diario, María Obelleiro.

O coloquio foi moderado por Ana Miranda, eurodeputada do BNG. Os riscos da desinformación en Europa marcaron as intervencións nun acto que tivo unha nutrida asistencia.

As accións a tomar para enfrontarse ás noticias falsas na Galiza, Portugal, Heuskal Herria e os Països Catalans tamén centrou boa parte do coloquio.

Recoñecemento a Pablo González

A moderadora, Ana Miranda, tivo unhas palabras de recoñecemento ao xornalista Pablo González, detido e en prisión en Polonia acusado de ser un espía ruso, acusacións que nunca se demostraron.