Carta á conselleira

En Marea demanda á Xunta información sobre o campionato galego de caza do raposo

Unha iniciativa do deputado Francisco Campos, que asina unha carta enderezada á titular de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez.

Hora e lugar de realización do campionato galego de caza de raposo. Son os datos polos que se interesa o deputado de En Marea Pancho Casal. É unha actividade supostamente deportiva -fortemente criticada polo movimento animalista- que conta co financiamento da Xunta, razón que leva o parlamentar da confluencia a demandar información á Consellaría de Medio Ambiente.

 

“Dentro das obrigas de transparencia que corresponden ao seu labor, e sobre todo tendo en conta que é unha actividade que conta coa autorización, colaboración e patrocinio da Xunta de Galicia, deberá esta facilitar a información relativa ao lugar de celebración, ademais daquelas requiridas legalmente para a celebración da mesma”, afirma o deputado de En Marea na súa inciativa.

 

Na carta, Casal reitera a oposición de En Marea á realización destes campionatos e ao seu financiamento a cargo do erario da Xunta.