As Marchas pola Dignidade volven á rúa e maniféstanse nas 7 cidades galegas

As mobilizacións decorrerán esta cuarta-feira e son un limiar da protesta a nivel estatal que terá lugar en Madrid o vindeiro 21 de marzo.

 

As sete cidades galegas acollerán na tarde desta cuarta feira, 25 de febreiro, outras tantas mobilizacións convocadas polas Marchas pola Dignidade, mobilizacións para denunciar a rexeitar “unhas políticas que están levando á pobreza e á exclusión social a sectores cada vez máis amplos”. As manifestacións tamén queren ser un preparatorio para a mobilización que terá lugar en Madrid o vindeiro 21 de marzo e á Folga Xeral convocada para o 22 de outubro.

Así mesmo, as Marchas da Dignidade organizarán outros actos en Galiza, como o faladoiro-debate no que participarán Diego Cañamero, voceiro do SAT, e o actor Willy Toledo, na Coruña o 9 de marzo (no Círculo de Artesáns ás 19.30 horas) e en Vigo, o día 10 (no Centro Cívico de Teis, ás 20 horas).

Lugar e hora das mobilizacións:

• Ferrol, desde Praza de Armas, ás 19,30 horas

• A Coruña, desde Praza de Portugal, ás 20 horas

• Lugo,desde Explanada do Edificio Multiusos da Xunta ás 20 horas

• Compostela, desde Porta do Camiño, ás 20 horas

• Ourense, desde Parque San Lázaro, ás 20 horas

• Pontevedra, desde A Pasarela (Rúa 12 de Novembro), ás 20 horas

• Vigo, desde Praza de Fernando o Católico, ás 20 horas