As Marchas da Dignidade convocan unha gran mobilización en Compostela para o 24 de outubro

Manifestación da Marcha

AS 'columnas' volverán marchar para reivindicar 'pan, traballo e teito'. A Coruña acollerá o 19 de setembro a II Asemblea Nacional das MMDD galegas.

O 24 de outubro ás 12:00 horas na Praza do Obradoiro (Compostela). Eis a data, hora e lugar da gran mobilización que están a peparar as Marchas da Dignidade de Galiza, cuxas plataformas locais e comarcais mantiveron hai uns días unha xuntanza na capital galega. Previamente a esa mobilización nacional, o 8 de outubro decorrerán manifestacións en diferentes cidades do país (Ferrol, A Coruña, Lugo, Compostela, Ourense, Pontevedra e Vigo) como limiar da marcha do 24 dese mes. A demanda de 'pan, teito e traballo' volverá ser a principal reivindicación.

Non é a primeira vez que a Praza do Obradoiro acolle un acto das Marchas da Dignidade. A finais de Novembro do ano pasado milleiros de persoas reuníronse na emblemática praza compostelá para reivindicar democracia e xustiza social. Até o Obradoiro chegaran varias columnas que saíran os días anteriores de diferentes comarcas do país.

Asemblea

As Marchas da Dignidade acordaron realizar na cidade da Coruña o 19 de setembro a súa segunda Asemblea Nacional.