Esta cuarta feira 23 de agosto

A Marcha convoca concentracións contra a violencia machista

Mobilización contra a violencia machista o pasado ano.

A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións polo feminismo e en repulsa da violencia machista en diversas localidades galegas.

A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións polo feminismo e en repulsa da violencia machista en diversas localidades galegas.

 

A convocatoria ten lugar con motivo do asasinato dunha muller e o intento de secuestro do seu neto por parte da ex parella da súa filla. 

 

A relación das concentracións é  a seguinte. Todas elas terán lugar esta cuarta feira 23 de agosto ás 20:00 h.

 

Ourense, na Castañeira

Ferrol, diante do Concello

A Coruña, Obelisco

Santiago de Compostela, Praza 8 de marzo

Pontevedra, diante da Audiencia

Vigo, no Marco

Lugo, diante do Concello

Marín, diante do Concello

Bertamiráns, praza da Maía