Marcha á cadea de Teixeiro

Cartaz da Marxa a Teixeiro de 2019 [Imaxe: Ceivar]
Ceivar e outros colectivos convocan o domingo 27 de outubro a marcha á cadea de Teixeiro (Curtis).

O organismo popular anti-represivo Ceivar xunto aoutros colectivos organiza este domingo, 27 de outubro, a marcha á cadea de Teixeiro. A manifestación partirá da gasolineira de Curtis ás 10.30 horas, no quilómetro 663 da estrada N-634, e camiñará até as portas da penitenciaría.

A manifestación marcha en apoio ao xaxún mensual do Colectivo de Presxs Independentistas Galegxs (CPIG), así como á folga de fame rotativa das presas en demanda da excarceración das persoas gravemente enfermas ou en contra da cadea perpetua encuberta. Tamén denuncian os casos de malos tratos e tortura na prisión e demandan o esclarecemento das causas da morte baixo custodia de Pedro Escudero. Escudero, de orixe estremeña, faleceu en maio de 2019 na prisión de Teixeiro tras inhalar os gases procedentes dun lume orixinado na súa cela.

Os colectivos tamén poñen o foco na situación das mulleres en prisión, salientando a dispersión de xénero, a redución de módulos maternos ou a falta de actividades non sexistas nas penitenciarías.