Mar de Lumes convoca unha concentración solidaria con Palestina

O comité de solidariedade internacionalista chama a se mobilizar en apoio á insurrección xuvenil nos Territorios Ocupados.

 

Mar de Lumes convoca unha concentración de solidariedade con Palestina esta quinta feira (29 de outubro) ás 20h na Praza de Galiza en Compostela. 

O comité de solidariedade internacionalista visa amosar o apoio ao movemento de insurrección xuvenil que se está a erquer en distintos puntos do territorio palestino, principalmente en Cisxordania e os Territorios Ocupados. 

A convocatoria está apoiada pola campaña Boicot, Desinvestimentos e Sancións contra Israel (BDS-Galiza) e a Asociación Galiza Por Palestina.