Un mapa que visualiza o impacto mortal do coronavirus nos territorios do Estado español

(@joethebrew)

O impacto do coronavirus é desigual no Estado español, con territorios moito máis afectados que outros.  Como o foi en China, Italia ou Corea do Sur, outros países moi afectados por esta pandemia. Unha realidade, á referida ao Estado español, que se visualiza á perfección nun mapa elaborado por Joe Brew (@joethebrew) sobre os faleementos por coronavirus no Estado.

Este experto en análise de dados económicos, científicos e de epidemias elaborou un mapa no que sitúa un punto por cada persoa morta polo COVID-19 e sitúao no territorio onde faleceu. A ubicación, advirte, dese punto dentro xa do territorio correspondente é aleatoria.

Ese mapa permite visibilizar o enorme impacto do coronavirus en Madrid, moito maior que no resto dos territorios. “Cada punto é un ser humano. Unha nai, un fillo, unha irmá, un amigo. Cada punto é unha vida. Non é un xogo. Non é un simulacro. Non é unha sobrereaación,. Fica na casa”, escribe Brew.

Segundo os dados do Ministerio de Sanidade, das 491 persoas falecidas no Estadoe spañol polo COVID-19, 355 foron en Madrid. O seguinte territorio en número de mortos é Euskadi, con 36.