Manzaneda rexistra a temperatura mínima da Galiza, con -7,5ºC

Imaxe de Arquivo

A localidade de Manzaneda rexistrou esta segunda feira a temperatura mínima da Galiza, con -7,5 graos centígrados, mentres que en Baltar os termómetros descenderon aos -6,4ºC.

Así se reflicte nos rexistros de Meteogalicia até as 9,00 horas, recollidos por Europa Press, nos que se indica que os termómetros deixaron temperaturas baixo cero en numerosas localidades de montaña do oriente galego.

En concreto, en municipios con altitude maior de 900 metros as temperaturas mínimas, após os -7,5ºC de Manzaneda corresponderon á Veiga (-6,1ºC) e Carballeda de Valdeorras (-5,9º); así como Pedrafita do Cebreiro (-4,2ºC) e Cervantes (-3,6ºC).

En canto aos concellos con altitude menor de 900 metros de altura, as mínimas máis significativas, após os -6,4ºC de Baltar, foron para Ribas de Sil (-2,8ºC), Verín (-2,5ºC), Calvos de Randín (-2,4ºC) e Baños de Molgas (-2,2ºC).

Pola súa banda, nas primeiras horas desta segunda feira o vento deixou refachos de intensidade máxima de 113 km/h en Cedeira, de 94 km/h en Viveiro  e de 89,5 km/h en Malpica.