Un manifesto contra as touradas impulsado desde Galiza logra o apoio de 51 eurodeputad@s

Lidia Senra

A plataforma 'Galiza, Mellor Sen Touradas", AGEe a Fundación Franz Weberpromoven manifesto contra financiación europea das touradas.

Un total de 51 eurodeputad@s, de diferentes grupos parlamentares da Cámara comunitaria, asinaron un manifesto no que se demanda a finalización de todas aquelas axudas e iniciativas destinadas ás touradas “e á industria xerada ao seu redor”. A euro-deputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, remitiu unha comunicación ao Comisario de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Unión Europea, Phil Hogan,trasladándolle dito manifesto e os seus apoios.

Senra, impulsora desta iniciativa xunto á plataforma "Galiza, Mellor Sen Touradas" e a Fundación Franz Weber, valora que a acollida que esta iniciativa tivo entre as eurodeputad@s  "é unha boa mostra de que a conciencia e o rexeitamento á violencia e á tortura que supoñen as touradas vai alén de posicionamentos políticos".

Estas 51 eurodeputad@s critican “as altísimas subvencións da UE a esta espectacularización da tortura animal -que superan os 130.000 euros e inclúen mesmo fondos proporcionados a través da Política Agraria Común (PAC)-, e chaman especialmente a atención sobre o feito de que este posicionamento por parte das institucións europeas é contrario ás esixencias en materia de benestar dos animais, como seres sensibles,