Mangouras: "Leváronos nun cadaleito frotante a aforgarnos"

As declaracións de Mangouras diante do Ministerio Fiscal apuntan a que a avería do buque era de tal dimensión, entre 15 e 18 metros de ancho, que a mellor solición era procurar un lugar de refuxio. O capitán do buque non entendeu que as autoridades españolas elixirán ir a mar aberto. Asegura que o trataron coma un criminal.

O primeiro interrogatorio deste xuízo do Prestige, o do capitán do barco Apostolos Mangouras, mostrou algunhas das incoherencias da situación que se viviu hai hoxe dez anos diante das costas galegas. "A avería era moi grande, cun burato de entre 15 e 18 metros polo que entraron unhas 10.000 toneladas de auga en dez minutos". O fiscal tentou demostrar coas súas preguntas que o barco xa estaba en malas condicións con anterioridade, que a tripulación non era a correcta e que o capitán non colaborou coas autoridades españolas. O xuízo tivo que suspenderse uns minutos por unha crise de ansiedade de Mangouras cando lembrou que as súas familias estaban preocupadas polas noticias que aparecían na televisión.

O xuízo tivo que suspenderse uns minutos por unha crise de ansiedade de Mangouras

Diante das pregunats do fiscal sobre a súa pouca colaboración cando se lle mandou seguir un rumbo, Mangouras defendeuse e asegurou que non entendeu nese momento porque razón o barco tiña que ir "a mar aberto" e non para "buscar un refuxio". Chegou a asegurou que pensou que estaba "nun cadaleito frotante para afogarnos" e non estaba disposto porque no petroleiro aínda quedaba tripulación.

O xuízo seguirá mañá día 14 de novembro "se hai posibilidade de chegar a este recinto", segundo palabras do propio xuíz en referencia á folga xeral que paralizará o país.