Máis de vinte localidades galegas, 'tocadas' polo Gordo da Lotaría de Nadal

lotaria sorteo nadal

O primeiro premio, 03347, deixa 25 millóns de euros esparexidos por Galiza, de Valadouro a Redondela; de Meira a Baio, e así até en 21 concellos.

O Gordo da lotaría de Nadal, o número do 03347, saíu pasadas as 12:30 horas e tamén tocou en Galiza. O primeiro premio este ano do tradicional sorteo do 22 de decembro caeu moi repartido en todo o Estado español (en máis de 30 provincias e principalmente en localidades como Cuenca, Bilbo, Gernika e Huesca). Unha sorte que tamén tocou a un bo feixe de localidades galegas: Teo (máis de 6 millóns de euros) , Compostela (3,2 millóns na raxería de San Marcos), A Coruña, Zas, Outes, O Pino, Vilalba, Monforte, Valadouro, Fene, Poio, A Estrada, Sanxenxo... e así até 21 vilas e cidades. O Gordo implica catro millóns de euros á serie, o que é 400.000 euros por décimo.

 

En total, por volta de 25,6 millóns de euros que se repartiron en Galiza, onde se venderon 63 décimos do número do primeiro premio.

 

En Teo repartíronse 6 millóns de euros


O cuarto premio 67774 deixou décimos vendidos na Coruña, As Pontes, Ourense e Guitiriz. O quinto 18.596 vendeuse en Coia-Vigo (900.000 euros) e Vilagarcía (60.000 euros). O número 02308, oitavo dos quintos premios do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, vendeuse na Coruña, Oleiros, Coristanco, Santiago, Abegondo, Santa Comba, Guitiriz, Portomarín, Carballedo, Meira, Vigo (en dous puntos diferentes) e Meis.