Máis vento e máis chuvia: boa parte da Galiza en alerta laranxa por temporal

Grandes ondas na costa da Coruña durante o paso do temporal 'Ciarán' (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press).
Tamén estará en amarelo por temporal costeiro todo o litoral galego e por vento en terra que soprarán desde o suroeste, con refachos de até 80 quilómetros por hora no noroeste galego e a comarca da Mariña.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta da Galiza activará na madrugada desta cuarta feira á quinta feira unha alerta laranxa por intensas choivas nas Rías Baixas e o noroeste do país.

Segundo previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), este fenómeno adverso comezará de madrugada con precipitacións acumuladas de 80 milímetros en 12 horas.

Outra alerta amarela

Pero este non será o único aviso que activará o Executivo galego, xa que haberá outra alerta amarela por choivas de entre 40 e 70 milímetros en 12 horas no centro do país e o suroeste da Galiza.

Tamén estará en amarelo por temporal costeiro todo o litoral galego e por vento en terra que soprarán desde o suroeste, con refachos de até 80 quilómetros por hora no noroeste galego e a comarca da Mariña.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior xa informou desta situación aos concellos da provincias afectadas, Deputacións, servizos e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Recomendacións

Ante as fortes choivas, a Xunta recomenda circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zonas asolagadas ou que poidan chegar a asolagarse e non aparcar nas ribeiras dos ríos.