Máis unha muller asasinada pola violencia machista

Aconteceu na Coruña. O home tirou do vehículo en marcha á muller quen xa o denunciara  en anteriores ocasións, igual que outras parellas. 

 

O asasinato produciuse no polígono industrial de Pocomaco na Coruña. O home tirou do vehículo en marcha á muller causándolle a morte por un forte golpe na cabeza. O home foi detido pola Garda Civil após unha forte resistencia, inidicaron fontes do instituto armado á prensa. 

O detido contaba xa cunha denuncia por violencia machista presentada pola falecida que foi sobreseída pola xustiza. Aliás, contaba cunha unha ficha aberta pola policía por agresións a anteriores parellas. 

A investigación policial continúa aberta para esclarecer os feitos.

O asasinato tivo lugar seis días despois do acontecido en Foz e suma xa o cinco no que vai de ano en Galiza, 23 no conxunto do Estado español.