Máis de mil persoas abrazan o Meixoeiro contra a súa infrautilización

[Imaxe: @galaromani]

O Hospital Meixoeiro de Vigo acolleu este domingo un acto simbólico no que participaron máis de mil persoas para denunciar a infrautilización das súas instalacións, moitas das cales ficaron en desuso após a inauguración do novo hospital.

O colectivo SOS Meixoeiro congregou este domingo máis de mil persoas –unhas 3.000, segundo a propia organización- para esixir un plan estratéxico que acabe coa súa infrautilización e co seu desmantelamento.

SOS Meixoeiro denunciou as longas listaxes de espera que sofren as usuarias da Área Sanitaria de Vigo e advertiu de que tanto estas listas como as deficiencias do novo hospital poderían acabar de utilizárense as infraestruturas fechadas do Meixoeiro. De feito, áreas como a UCI ou a rehabilitación están sen uso.