Máis de medio milleiro de aldeas abandonadas na última década

¡(Cuarto de los trastos axel)
Máis de 2.000 núcleos deshabitados na Galiza.

Galiza conta con máis de 2.000 aldeas abandonadas e 1.000 a piques de estalo, pois teñen 1 habitantes, pobadores, ademais, dunha avanzada idade. En só un ano, entre 2017 e 2018, ficaron sen persoas 79 núcleos. Emigración (máis de 483.000 galegos e galegas tiveron que marchar do país nestes 25 anos) e baixa natalidade (8 nacementos por cada 1.000 habitantes, a segunda taxa máis baixa de todo o Estado español) son dous factores a ter en conta para explicar isto, mais non os únicos. Cuestións económicas, sociais, mesmo culturais teñen que ser tidas en conta para avaliar o que é un dos grandes retos que ten o país: a desertización que chega a grandes áreas do rural.

Na última década foron máis de 500 as aldeas que ficaron deshabitadas. En 2008 eran 1.471 os núcleos na Galiza que quedaron sen ninguna veciña. No último ano contabilizado polo Nomenclator do Instituto Nacional de Estatística, 2018, esa cifra superaba xa as 2.000: en concreto, 2.028. Así pois, 557 aldeas deshabitadas en apenas dez anos, a una media de una cada seis días.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.