Máis dunha década de Apalpador

Anxo Moure caracterizado de Apalpador (Irene Pin)
Leva desde 2008 interpretando o Apalpador por mil e un recunchos de toda Galiza. El propio salienta o boom do personaxe nestes anos, reivindica o papel na recuperación destra tradición do labor das mestras de educación primaria,e defende a necesidade de introducir a Apalpadora. 

No ano 2.008, os veciños de Doncos nas Nogais, na sua feira anual de Outono convidaronme a interpretar por primeira vez o papel de Apalpador tentando recuperalo dun xeito ambientalista. As veciñas e veciños do Caurel que participaban nesa festa gostaron da iniciativa e levaronme ata o seu Souto na Festa da Castaña nmáis anos.

A partir de ahí foron escolas, concellos, entidades culturais que me convidaron a levar o apalpador por toda Galiza, lugares como A Pontenova, Salceda de Caselas, Carballiño, Coles, Santiago de Compostela, Lugo (tanto no museu provincial como cun burro polas ruas da cidade), Monforte, e moitos outros lugares actuando tamén como Pandigueiro en Vilariño de Conso (zona no que o Apalpador recibe ese nome).

O meu traballo consiste en primeiro divulgar a figura tradicional do Apalpador, despóis divulgar a sua localización como pertencente a unha cultura de montaña e a un espazo de grande diversidade que todos deberíamos coñecer. A partir de ahí propoño unha viaxe ao Caurel a través dos contos, cun tronco oco dunha mazaira que unha Fada das montañas nos agasalla para que miremos o mundo a través do corazón das árbores. Dende ahi aparecen unhos personaxes, a nena Coureliña, o lobo Lor, o trasno do lixo, que nos apresentan a busqueda destos personaxes por salvar o bosque do Apalpador que esta chea de lixo e as suas árbores arderon pólo que non poderá baixar a deixar castañas asadas. As nenas e nenos cós contos salvan o bosque do apalpador e plantan castiñeiros, arbores contacontos, que manterán viva as tradicións da montaña.

Para rematar convidoos a xantar no Caurel froitas e verduras.

Na despedida propoñolles convertilos en apalpadoras e apalpadores co seguinte xogo. Teñen que xuntar as mauciñas para facelas quecer, cada neno ou nena pon a man na sua barriguiña e van dicindo así.

"Apalpabarrigas son

Apalpo a barriga côa miña man

E traio castañas asadas

As nenas e nenos que comen san".

Eu fágolles preguntas:

Mazas, peras, castañas e péxegos. Si ou Non? Eles respostan SIIIII

Perritos calientes, hamburguesas, quetchupss…. Si ou Non? Noooon

Caldiños de nabizas, zumes e leitiño quente? SIIII

Cocacolas, refrescos? Nooon

Verduriñas, leitugas, tomates, cenouras? SIII

Gominolas? Noooon

E remato cociñandolles un contiño de postre sobre unha Xacia (muller peixe) do rio Miño (para entroncar personaxes que se estan esquecendo)

A miña vestimena son uns zocos do zoqueiro-gaiteiro chantadino Graciano (fundador do centenário grupo Os Barrios) Un pantalón de pana remendado com cores, unha camisa de pana verde, un chaleco de lana, unha boina rota, un pao de teixo,, unha cachimba, unhos tirantes de corda vella, unha bufanda.

As veces viaxo nun vello triciceto e outras camiñando. Levo conmigo unha carauta vella de lobo feita de papel reciclado e mais o tronco oco dunha mazaira seca, o miraomundo.