Máis de 400 persoas toman parte na I Semana da Renda Básica das Iguais

Foto: Galizacontrainfo.org
A aposta polo dereito de cada persoa a recibir periódicamente uns ingresos para cubrir as súas necesidades extendeuse nestes días por diversas localidades galegas da man de diferentes colectivos

 

Seis días, nove localidades, trece presentacións, perto de 400 asistentes aos actos... Estas son algunhas das cifras da I Semana galega pola Renda Básica das Iguais (RBis). @s organizador@s da actividade (desde centros sociais a estudiantís ou sindicatos) a valoración é "tremendamente positiva". Como resumo, pódese dicer que a RBIs defende o dereito de cada persoa a recibir periódicamente uns ingresos para cubrir as súas necesidades. Para atinxir esta finalidade, apóstase, entre outras vías, pola re-asignación do gasto público e a reforma do sistema fiscal-

Entre @s impulsor@s da semana están colectivos como a Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a CNT ou a Liga Estudantil Galega, entre outros moitos

Sinalan que "cando nos botamos á estrada non sabiamos o que nos iamos atopar en cada unha das localidades: Vigo, Pontevedra, Ferrol, A Coruña, Compostela, Ourense, Lugo, Allariz e As Pontes. Agora podemos dicir que os encontros foron ricos e diversos con colectivos e persoas de ámbitos tan diversos como o: libertario, sindicalismo, profesional, feminismo, okupa, político... e que o intercambio foi rico e posibilitador, á hora de crear dinámicas que rachen co capitalismo".

 "A RBI comeza a empapar a realidade social de Galiza"

Apuntan que tras todos estes actos (palestras, debates,..) a proposta da RBis sae fortalecida "e tamén que comeza a empapar a realidade social de Galiza. Cando hai case catro anos comezamos a pensar no estudo, éramos coñecedoras do verde que estaba esta ferramenta por estas terras. Agora recollemos con esta rolda de presentacións algúns froitos que nos animan a seguir a movernos pola RBis".