Máis de 350 médicos do hospital de Vigo asinan un manifesto contra os recortes

Concentración polo hospital de Vigo

Denuncian recortes de máis de 3 millóns de euros, as altas listas de espera e a redución de persoal. "Están a xogar coa saúde da poboación"

Un manifesto contra os recortes e marxinación da sanidade pública en Vigo reuniu as sinaturas de máis de 350 facultativos do Chuvi. Un escrito no que, sen máscaras nin ambaxes, protestouse pola “marxinación” da área sanitaria viguesa e polas consecuencias que a política de recortes está a causar.

Así, sinalan que as listas de espera son intolerábeis, con máis de 21.000 pacientes; denuncian a redución de persoal a través de xubilacións forzosas. “O xerente quere aforrar tres millóns de euros só en nóminas”.

Tamén indican que existe unha derivación de enfermos de Ciruxía Cardíaca e fecundación in vitro a Santiago, polos recortes no novo hospital e pola redución de persoal. Todos eles feitos con consecuencias directas sobre a saúde