Máis de 1.000 persoas protestan contra ENCE en Lourizán

Lourizán
A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) repetiu convocatoria e participación con numerosas persoas que foron a pé desde Pontevedra e Marín até Lourizán.

Das alamedas de Pontevedra e Marín sairon, como cada ano, dúas marchas en dirección o complexo de ENCE en Lourizán. Numerosos colectivos apoairon a convocatoria realizada pola Asociación pola Defensa da Ría (APDR) que exixe a marcha inmediata da pasteira do seu emprazamento actual. Segundo a actual lei de Costas, a concesión estatal dos terreos que ocupa a Celulosa remata no 2018 mais desde a APDR reclaman un adianto desa data.
Nestes últimos días esta asociación entregou un escrito ao Conselleiro de Medio Ambiente no que solicitn que se paralice o proceso de renovación dos permisos e que se reinicie o procedemento deconcesión coa solicitude do Informe de compatibilidade co planeamento urbanístico do Concello de Pontevedra.

A xustiza desestima o recurso de ENCE
Corenta e oito horas antes da celebración da Marcha anual contra a Celulosa de Lourizá, a Asociación pola Defensa da Ría (APDR) recibía unha boa noticia. A Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra desestimara o recurso do Grupo Ence contra o auto do Xulgado de Instrucción número 2 de Pontevedra. No seu día non admitira a trámite a querela por supostas inxurias e calumnias presentada pola empresa contra os voceiros da APDR, Antón Masa e Benito Andrade, e ENCE teimara en seguir o proceso xudicial. o intento de criminalizar este colectivo que ven denunciando os perxuizos ambientais, urbanísticos, económicos e para a saúde das persoas derivados da actividade industrial da pasteira de Lourizán e denunciaron o incumplimiento da legalidade vixente dos verquidos da factoría. A Audiencia ampara a lexitimidade da asociación ecoloxista para participar no debate público e pronunciarse sobre cuestións de interese público, como neste caso, é o presente e o futuro de Ence en Pontevedra.