Máis da metade dos casos activos de coronavirus na Galiza están na área sanitaria de Lugo-A Mariña
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta segunda feira, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 254.
Deles 30 son da área da Coruña, 143 da de Lugo-Mariña-Monforte, 3 da de Ourense, 2 da de Pontevedra, 61 da área de Vigo, 13 da de Santiago, e 2 da de Ferrol.
Así pois, a área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte representa 56%% do total de casos na Galiza.
Do total de pacientes positivos, 6 están en unidades de hospitalización e 248 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI.
Polo de agora, ma Galiza hai un total de 10.808 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 199.680.
En canto a residencias, mantense un único caso activo, que afecta un traballador. Faleceron 274 residentes durante a pandemia.