Máis de cen actividades para medio século da Feira do Cocido

O domingo 4 de febreiro será o día que culmina o Mes do Cocido. “Do San Amaro ao San Valentín, mes do cocido en Lalín”, afirma o refrán. Mais, como sinalou o alcalde da vila do Deza na presentación en Compostela da cita gastronómico cultural, outras actividades reforzan a pluralidade da Feira do Cocido, que este ano fai medio século.

 

O presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, será o encargado de pregoar a feira. Herdará así o labor de Álvaro Cunqueiro, que inaugurou, en 1969, os pregóns en Lalín. Desde o concello afirman que, neste 50 aniversario e ao escoller a Friaxanes como pregoeiro, procuran “un símbolo da defensa da nosa linguan e dos nosos sinais de identidade como país”.

 

O alcalde Rafael Cuíña explicou, na presentación da Feira do Cocido na Praza do Obradoiro, que o Goberno que encabeza quixo, ao se facer medio século de vida, “volver á tradición”. Que o cartza incorpore unha pintura de Laxeiro, ilustre artista lalinense, é a primeira proba diso. O concerto de Trixadura, o propio domingo ás oito do serán, outra máis.

 

Durante o denominado Mes do Cocido, que vai do 15 de xaneiro ao 14 de febreiro, un cento de actividades sérvenelle ao Concello para considerar que esta celebración do manxar por excelencia da gastronomía popular do interior de Galiza é moito máis.

 

Vinte e cinco estabelecementos hostaleiros de Lalín ofrecen nos seus menús a posibilidade de degustar o cocido. Desfiles artísticos, exposicións dos célebres porcos vestidos de artes por cada recanto da vila ou o Cocido do Orgullo, realizado en colaboración con asociacións de defensa dos dereitos LGTBI, son apenas unha parte delas.