Máis un ano, mans dadas o 24 de xullo pola repatriación dos presos independentistas galegos

Cadea humana polos presos independentistas

XI edición da cadea humana convocada por Ceivar. Ás 18:30 horas e con saída desde a Praza de Galiza, Compostela.

Na véspera do Día da Patria varios centos de persoas daranse a man en Compostela para denunciar a dispersión dos presos independentistas e demandar a fin das medidas penitenciarias de excepción sobre os presos e presas deste colectivo, todos os cales cumpren condena fóra de Galiza.

 

Convocada por Ceivar, esta XI edición da Cadeia humana pola liberdade dos presos independentistas terá o seu punto de inicio ás 18:30 horas na Praza de Galiza, en Compostela, desde onde as persoas participantes partirán collidas da  man para percorrer varias rúas e prazas da capital galega demandando a fin da dispersión e a liberdade para os e as presas independentistas galegas.

 

Desde a anterior cadea, en 2017, máis un preso independentista saíu en liberdade; Diego Santim. En breve agárdase que siga ese mesmo camiño María Osorio, após cumprir 5 anos de prisión.