As entidades animalistas denuncian que a normativa galega non se aplica

Máis abandono animal e máis maltrato malia a lei

As entidades animalistas alertan de que os casos de cans encadeados son "unha constante" na Galiza (Europa press)
Galiza actualizou en 2018 a súa normativa de protección e benestar dos animais de compañía. Porén, as entidades protectoras e animalistas alertan de que a lei non serviu nin para reducir os casos de abandono, que seguen medrando, nin para diminuír as condutas máis graves de maltrato. O motivo principal: a falta de aplicación do novo articulado, que carga a Xunta de competencias sancionadoras en detrimento dos concellos, sen que exista un reforzo para a súa tramitación.   
 

En apenas dez días desde o comezo de ano, Galiza acumula xa un mínimo de dous casos de violencia grave contra animais, segundo as denuncias públicas da asociación animalista Libera! que o pasado día 7 alertaba do descortizamento de varios cachorros de can en Allariz e o día 3 sacaba a luz o caso doutro can mutilado en Moaña, ao que se lle amputou unha pata. Ambos os dous casos comparten crueldade co da cadela Alma, cuxa historia chegaba en decembro ao Congreso, aos medios de difusión estatal e mais aos xulgados, tras morrer tiroteada e maltratada en Chantada.

Esa visibilidade non é a habitual, malia que entidades como Libera! cifran en 22.000 os casos de abandono animal que se rexistran en Galiza, só no ano pasado, e alertan de que os casos de maltrato non disminuíron coa entrada en vigor da lei galega de benestar animal en 2018. Nese ano, os xulgados, que investigan os casos máis graves, ditaron unicamente 11 sentenzas por maltrato animal, segundo os datos da Fiscalía, e ingresaron 88 expedientes por posíbeis casos de maltrato animal na Galiza.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.