'POR UNHA UDC CON LUZ PROPIA'

Máis de 900 persoas piden á UDC que recupere as xornadas sobre prostitución

-

Asinan un manifesto, 'Por unha UDC con luz propia', no que se defende o debate e a liberdade na institución universitaria.

'Por unha UDC con luz propia' é o título do manifesto promovido desde o interior da propia Universidade da Coruña rexeitando a cancelación das polémicas xornadas sobre traballo sexual e solicitando que se recuperen as msmas. Un documento que en poucas horas reuniu máis de 900 sinaturas de apoio, entre ellas de persoal de docencia e de servizos administrativos.


O documento incide en que non se pode permitir que presións externas poidan impoñer á UDC o veto a debatir e a determinidas ideas ou colectivos. Consideran as persoas asinantes que ao suspender as xornadas estase a privar as participantes de dereitos e liberdades, e que iso pode facerse extensivo no futuro a outras persoas e ideas.

O manifesto rexeita o que cualifica de "agresiva persecución mediática e ás gravísimas descualificacións e ameazas que están a padecer as organizadoras do evento" . Neste sentido, maniféstasde que "nun momento histórico en que cada vez semella máis xeneralizada a expresión sen complexos de pulsións autoritarias incompatíbeis coa liberdade de expresión, é máis preciso que nunca reafirmar o compromiso da Universidade cos dereitos e liberdades públicas..

Entre as promotoras deste manifesto están membros do profesorado como Patricia Faraldo, Xosé M. Carril ou Carlos Amoedo, entre outros.

Nas últimas horas, e xa a nivel de Estado, un manifesto criticando a decisión do reitorado de cancelas as xornadas sumou máis dun cento de firmas entre profesorado e investigadoras académicas de diferenets universidades españolas. Consideran a cancelación “unha vulneración do dereito de liberdade de expresión no eido universitario” e lembran que acalar este tipo de debates vai contra a propia  “pluralidade” de posicións que sobre este tema existen no feminismo.