Aumenta a realización de tests PCR

Soben os positivos en 293

EuropaPress_3298838_profesional_sanitario_baja_ambulancia_viaja_paciente_covid-19_sido

As cifras  da dirección xeral de Saúde Pública reflicten un aumento dos positivos por Covid-19 rexistrados nas últimas 24 horas, entre eles un total de 55 novos casos activos.

 

A última actualización de datos da Consellaría de Sanidade, en canto aos casos de Covid-19, amosa un incremento de 55 novos casos activos, ao pasar dos 4.082 positivos da xornada de onte aos 4.137 actuais. O número de falecementos por esta doenza mantense nos 656.

Do total de casos rexistrados neste momento, 1.446 están na área sanitaria da Coruña, 804 na de Lugo, 677 na de Compostela e Barbanza, 417 na de Ourense, 337 na área de Vigo, 308 na de Pontevedra e 148 na de Ferrol.

A dirección xeral informa tamén, que do total de pacientes positivos, 17 permanecen nas UCI, 177 están hospitalizados e 3.943 permanecen nos domicilios. A cifra de persoas dadas de alta é de 13.438 persoas curadas.

O parte indica tamén que se realizaron un total de 359.055 probas PCR até o momento, 4.782 test máis dos comunicados no día de onte.

As residencias de maiores suman catro contaxios por Covid-19, 3 de persoas usuarias e un de traballadora, o que aumenta a cifra total de casos activos até os 230.Os casos totais sitúanse en 163 maiores e 67 asistentes, segundo recolle a Consellaría.

No referido aos centros de atención á dependencia, rexistrouse un novo contaxio nun traballador da residencia Aspace (Asociación de Parálise Cerebral) da Coruña e deuse de alta  outra persoa empregada no centro As Flores, en Ourense. Así, neste tipo de residencias, permanecen activos cinco casos, dúas persoas usuarias e tres traballadoras.