Máis de 3.500 sinaturas da veciñanza de Teis por unha biblioteca pública no barrio

Un total de 3.634 sinaturas de veciños e veciñas de Teis en apoio da apertura dunha biblioteca pública no barrio vigués, na antigas instalacións do centro de saúde situado na rúa Enrique Lorenzo. Representantes das Anpas  dos centros educativos de Teis (Calasancias, Xesuitas, Vicente Risco, Frian, Possumus, Santa Tecla, San José de La guia, Monte da Guia, San Salvador de Teis e Paraixal, IES de Teis, IES A Guia) e co apoio dos colectivos do barrio (Plan comunitario de Teis, AA.VV. de Teis, Asociación de comerciantes Zona Teis, Marinetea, clubs deportivos, Comunidade de Montes, Parroquias, Voces polo Litoral de Teis ...) fixeron entrega esta cuarta feira desas sinaturas.

 

“ Entendemos que a nosa demanda está máis que xustificada pola carencia que o noso barrio ten deste tipo de instalacións, pensada non só para un préstamo de libros, se non como un espazo que permita a toda a cidadanía o acceso gratuíto a información multisoporte, un espazo concibido como centro de fomento e animación da lectura cun equipo de profesionais que organice actividade específicas, unha biblioteca pública que sexa lugar de encontro e referente da actividade cultural do barrio”.

 

Teis dispón dun espazo de titularidade pública que estes colectivos consideran como a  “ubicación ideal” para acoller esta biblioteca, o antigo centro de saúde, actualmente propiedade da Tesorería da Seguridade Social.

 

“Apostamos firmemente pola cesión deste espazo para que a administración competente, entendendo esta coma o Concello de Vigo, poda levar a cabo as actuacións precisas para a apertura e xestión da biblioteca”.