Máis 3.100 sinaturas piden a readmisión da ex directora dun colexio de Oleiros obrigada a dimitir

Imaxe de Oleiros
Esperan chegar ás 5.000.

A petición para a readmisión da ex directora do CEIP Luís Seoane de Oleiros, "obrigada a dimitir", segundo denunciou a comunidade educativa do centro, após o esquecemento dun menor no bus escolar, logrou até o momento máis de 3.100 apoios á primeira hora desta segunda feira.

Así se recolle na plataforma change.org como resultado dunha iniciativa que comezou despois de que tanto pais como profesores e persoal non docente do centro expresasen o seu apoio á, até a semana pasada, directora, ao exculpala de calquera responsabilidade en relación co ocorrido co neno, que non chegou a pisar o centro escolar.

Na petición para chegar a 5.000 firmas, cuéstionase que o menor --que cursa quinto de Educación Infantil e que non chegou a baixar do autocar, sen darse conta da súa presenza ata que o bus foi recollido de novo para coller aos nenos á saída de clase-- pasase "varias horas" no vehículo.

"Sen darse conta nin o condutor, nin os coidadores que acompañan a ruta do autobús, traballadores pertencentes a empresa contratada pola Xunta".

"A responsabilidade dos sucedido non lle corresponde á directora do centro, que durante os últimos anos mostrou un traballo incondicional, suplindo as carencias docentes causadas polos recortes, realizando un gran labor pola integración e a igualdade dos escolares", sosteñen os promotores.