Máis de 3.500 sinaturas contra o recorte de persoal na Escola infantil de Carril

As amortizacións e perda de profesionais nos centros da rede pública prexudican o servizo e dificultar a conciliación, afirman as familias, que entregaron as firmas no Parlamento e no Consorcio Galego de Benestar.

Unha delegación de pais e nais entregraron no Parlamento as por volta de 3.500 sinaturas recollidas pola ANPA do 'Año Pitaño' contra os recortes de persoal na escola pública infantil de Carril (Vilagarcía). Un centro no que, apontan desde este colectivo, se amortizaron 3 prazas (unha de mestra, unha de educadora e unha de persoal de servizos xerais) “malia ter lista de agarda para acceder á escola en dúas das tres liñas coas que conta”. TO de Carril non é un caso aillado, sostén a ANPA, que afirma ter constancia de polo menos 51 prazas amortizadas en 35 escolas repartidas por toda Galiza ó longo do presente curso.

As sinaturas tamén foron entragadas no rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Na entrega de firmas no rexistro do Parlamento estiveron representantes de AGE, BNG e PSdeG. “Ademáis das sinaturas entregamos un escrito no que pedimos que o Parlamento se manifeste a favor da permanencia da parella educativa na Rede Galega de Escolas Infantís e que inste ó Goberno Galego a que manteña esta figura como garante da calidade do servizo prestado nos centros dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benesta”. A representación da ANPA mantivo reunións co BNG e AGE. Afirman que Alternativa comprometeu a facer unha Proposta Non de Lei, que contará co apoio de Bloque, Grupo Mixto e socialistas.