Máis de 26.000 sinaturas contra a mina de Touro

Serán entregadas esta cuarta feira no rexistro xeral da Xunta.

O movemento de oposición á reapertura da mina de Touro-O Pino volve dar outra mostra do seu apoio social. Se hai unhas semanas reunía en Compostela miles de persoas nunha mobilización contra ese proxecto megaminerio, agora vén de sumar máis de 26.000 sinaturas en papel contra o mesmo. Unhas firmas que esta cuarta feira vai rexistrar no rexistro xeral da Xunta.  Nos vindeiros días activarase en change.or unha campaña para sumar máis sinaturas.

 

“Esta recollida é a confirmación do éxito dun movemento inmenso contrario á explotación que nos últimos meses centrou as súas protestas na rúa, informando e transmitindo a problemática que ocasionaría a potencial megamina de cobre”, salientan desde a Plataforma veciñal contra a mina, impulsora desta iniciativa co apoio de diversos colectivos e entidades. .