Máis de 2.000 sinaturas polo indulto a Manuel de Talelo

Carnota móvese polo indulto a un veciño e mariñeiro condenado a 3 anos por agredir un furtivo.

Este sábado, ás 17:00 horas, hai unha concentración convocada en Portocubelo, Carnota, para pedir ao Consello de Ministros que indulte Antonio Martínez, Manuel de Talelo,  ex presidente dos percebeiros de Lira e condenado a 3 anos de prisión por agredir en 2013 un furtivo. “Un dos furtivos protagonista de múltiples disturbios na Reserva Mariña dos Miñarzos – Lira”, como afirman impulsores da campaña de recollida de sinaturas -e levan máis de 2.000- para pedir o indulto deste veciño. 

 

Concello de Carnota, Club Fútbol Lira, Confraría de Pescadores ou asociación Monte Pindo xa se pronunciaron a favor desta petición de indulto. Foi de feito o proio Concello o que,a través dunha iniciativa do BNG aporbada por unanimidade de todos os grupos, iniciou a petición de indulto para este veciño. 

 

“Os danos causados xa foron reparados economicamente no seu día, a súa entrada no cárcere non achega ningún beneficio, separa unha familia totalmente integrada e moi querida e provoca un prexuízo irreparable tanto para a familia”.

 

Vixilancia

 

En 2011 a Xunta retirou o financiamento á Reserva Mariña de Lira, o que supuxo a fin da vixiancia na zona que tivo que pasar a ser prestada polos propios mariñeiros, que foron os que tiveron que facer fronte a un fenómeno como o furtivismo, no que hai persoas que teñen protagonizado episodios violentos.