Máis de 119.000 persoas maiores viven soas na Galiza

rural abdandonado aldea

Unha situación na que se atopan nomeadamente as mulleres (65%). 

Perto de 120.000 persoas maiores viven soas na Galiza. Unha situación na que se atopan nomeadamente as mulleres, que representan o 65% desas persoas maiores que moran sen compañía algunha nos seus fogares por un 35% de homes. En total, 119.552. galegos con 65 ou máis anos vivían sós a comezos de 2015, o 53,7% do total de fogares unipersoais do país. Estas 119.552 persoas son 8.000 máis das que se atopaban nesta situación en 2012 (eran, daquela, 111.667 os e as galegas que vivían soas). Nos últimos 8 anos, a cifra rexistrada a principios der 2015 é a terceira máis alta.

Porén, e no extremo contrario, menos do 3% dos fogares unipesoais corresponde a menores de 30 anos : 6.753. É a porcentaxe máis baixa desde hai moitos anos. No 2013, por exemplo, eran un 4,9%. E no 2007 un 5,3 por cento. Hai, pois, unha caída considerábel nos anos de gran recesión. En total, os fogares unipersoais que ha no noso país sobrepasan os 220.000.

Máis do 24% dos fogares, case un de cada catro, son uni-persoais. Estamos falando de 259.000 vivendas, das cales, como dixemos, 121.500 están habitadas por maiores. Nas 137.600 restantes os seus inquilinos teñen por baixo dos 65 anos. A principal tipoloxía que hai na Galiza é o de fogares onde viven 2 persoas (son o 31%), se ben o IGE sinala que son as vivendas habitadas por parella cun fillo ou filla os máis abundantes, cun 33,2%.