Medra a violencia entre menores de idade

O machismo gaña terreo nas idades temperás

2020010219212690200
O uso das redes sociais e doutras plataformas en liña está condicionando as formas de relación das rapazas e os rapaces galegos e ten incidencia, segundo  alertan as expertas, nas condutas e actitudes machistas que as e os menores incorporan ao seu día a día cada vez máis cedo e que poden acabar derivando en violencia.   

Preocupa, máis que as cifras concretas, a tendencia. Atendendo a ela, o machismo estase a afianzar nos comportamentos dos menores de idade galegos. Confírmao o fiscal delegado de Menores para Galiza, José Manuel Ucha López. Tomando como dato os 40 rapaces intervidos –levados a xuízo– por violencia de xénero en 2018, advirte de que as cifras se van multiplicando ano a ano no último quinquenio: foron o duplo que en 2017 e oito veces máis que hai un lustro. Tamén o Observatorio galego contra a violencia de xénero alerta de comportamentos machistas en idades "cada vez máis temperás" e desde o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza cualifícase a violencia en menores como un "grave problema social".

O Colexio de Educadoras Sociais da Galiza apunta algunha das causas da tendencia: "Cada vez hai menor comunicación. O aumento do uso de internet e das redes sociais está tendo consecuencias, porque se despersonaliza a quen se ten diante. No momento en que se despersonaliza a outra persoa, aumenta a capacidade de enfrontármonos entre nós", razoa Sonia González Rodríguez, educadora social no servizo municipal de educación e apoio familiar de Arteixo.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.