Minuto a minuto

Manifestacións masivas poñen o ramo a un 8M histórico que na Galiza ultrapasa todas as expectativas

Vigo colapsado

A multitude tomou as rúas da Galiza por un país libre de machismo e opresión patriarcal. Manifestacións de enorme envergadura -a de Vigo, xigante- puxeron o ramo a un 8M que marca un antes e un despois e que mostra a extraordinaria capacidade de mobilización social do movimento galego a prol da emancipación das mulleres. A greve ultrapasou todas as expectativas e xa é un fito na historia do feminismo galego. Nada nen ninguén -nen sequer episodios de identificacións policiais, insultos e ameazas testemuñados por mulleres grevistas- puido frear unha mobilización sen precedentes na loita contra o sistema patriarcal. O seguimento da greve foi moi significativo en largos sectores da economía do país.

 

 

23.45

Alén das masivas marchas das 7 cidades -na Coruña decorreron dúas, as convocadas por Galegas8M e polo chamado Movemento Feminista Unitario -, houbo tamén manifestacións moi concorridas en vilas como Marín, Monforte, Cangas, Vilalba, Cee, Ribeira, Redondela, Burela, O Barco, Verín, Vilagarcía, Moaña, A Illa, Carral ou Noia.

22.22 Na hora do balanzo, a CIG fala de "amplísimo seguimento dos paros e mobilizacións". Destarte, a central nacionalista sitúa o grao de acompañamento da greve en por volta de 90 por cento os centros dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e en 70 por cento no ensino público (no secundario, dada a greve estudiantil, o paro foi total). Canto á sanidade só traballou o persoal adscrito a uns servizos mínimos tidos por abusivos polo sindicato soberanista. 
22:05

 Pontevedra tamén aderiu con forza a causa feminista.

 

 

22.00

Ourense ficou pequeno. Foto tirada de @noaourense

 

 

   
21.50

 Ferrol non ficou atrás

 

21.22

Multitudinaria marcha tamén en Lugo

 

21.12

 

Imposíbel avanzar nas rúas de Vigo. Máis que unha marcha, unha concentración xigante.

 

 

 

 

21.07

A manifestación de Vigo desborda todas as previsións. Un océano de xente colapsa a cidade.  Así fica recollido no vídeo de @gzcontrainfo

 

 

 

21.00

 Ateigada Burela

 

 

20:55.

 Espectacular a demostración de forza do feminismo galego en Vigo

 

 

20:15

Ribeira tamén responde.

 

 

20;12.

Compostela, após ateigar o Obradoiro esta maña, tampouco falla neste serán.

 

20:10

Miles marchan xa en Vigo, un novo suceso de convocatoria. Vídeo de @GZcontrainfo

 

 

19:38

A piques de comezar a manifestación da Coruña baixo a convocatoria da Marcha Mundial das Mulleres

 

 

17:55

CIG cualifica de suceso a greve e afirma que "as galegas estamos situando Galiza no mapa mundial do Paro Internacional de Mulleres"

 

 

17:45 Dados oficiais da Xunta: o goberno galego cifra o seguimento da greve en 17,84 por cento na administración xeral e en 16,83 por cento nos centros sanitarios. Os servizos mínimos cumpríronse 100 por cento.
16:26

Feijóo atempera tamén as súas declaracións sobre a greve, en sintonía cos últimos movimentos do PP. Na súa comparecencia após o Consello da Xunta, afirma que lle parece ben defender a causa "común" da igualdade, mais que ese apoio "non pode ser un día ao ano, ten que ser 365".

 

O líder conservador manifestou o seu respeito polo "dereito constitucional" á folga, mais a seguir avanzou que estaría atento para ver "cal é exactamente o resultado" das mobilizacións.

15:55

En Verín a concentración reuniu mulleres procedentes de diferentes puntos e lugares da comarca.

15:00

Imaxes da concentración desta mañá en Pontevedra, cunha gran afluencia de mulleres, sobre todo de mozas. Imaxe: BNG Pontevedra

14:55

En Ourense, a Praza Maior ficou pequena para acoller as centos de persoas que tomaron parte na mobilización do 8M.

14:16

Tamén en Arteixo, Betanzos ou Cee as mulleres tomaron parte en concentracións para reivindicar os seus dereitos e a igualdade real.

14:05

Sindicatos estatais (CCOO e UXT) cifran en por volta de 5.200.000 as persoas que neste 8M secundaron os paros na quenda de noite e de mañá.

13:55

Centos de mulleres manifestáronse en Lugo na concentración da mañá deste 8M

13:45

Centos de mulleres continúan na Praza do Obradoiro de Compostela case dúas horas despois do inicio das concentracións

13:38

O presidente do goberno español, Mariano Rajoy loce un lazo lilá neste 8M no que movementos feministas e sindicatos convocan unha greve de mulleres. Rajoy afirmou que un dos seus principais compromisos é traballar "pola igualdade real".

13:35

Seguemento na Coruña

Sempre segundo a información ofrecida polo sindicato CIG, na Coruña cidade o paro está condicionado ao feito de que esta quinta feira é festivo local, polo que en boa parte dos sectores produtivos e do sector servizos non se puido facer efectiva a greve. Aínda así, o paro está ter un seguimento relevante en moitas empresas do sector servizos e nos centros de chamadas, e tamén nos museos da cidade hai unha notábel incidencia.

Nos concellos da área metropolitana, as traballadoras da administración local están secundando o paro de xeito maioritario e tamén hai seguimento da greve entre as empregadas da fábrica de Cerámicas do Castro.  No relativo á Costa da Morte, CIG cifra en practicamente 100% das mulleres de Ferroatlántica as que secundan o paro da mañá, así como a totalidade das traballadoras dos concellos de Cee, Carnota e Corcubión. 

13:30

Seguemento en Compostela

CIG salienta o amplo seguimento no comercio téxtil, nomeadamente nas tendas do Grupo Inditex. 

Na administración, nos complexos de San Caetano e de San Lázaro o paro tivo mesmo máis seguimento entre as mulleres que en greves anteriores e no Concello de Santiago tamén foi secundado masivamente.

A incidencia do paro até foi visíbel no Grupo Gadis. En empresas como TECNOCOM foi de preto de 70% e até pararon 100% das traballadora da taquilla da Catedral.

En Sanidade os paros de mulleres fixéronse notar en centros de saúde e hospitais malia os excesivos servizos mínimos.

13:30

Seguemento en Vigo 

Segundo datos do sindicato nacionalista, en Vigo é de destacar a incidencia do paro no sector industrial no que se rexistra un seguimento do paro de 100% das traballadoras de Alonarti, Denso, Pescanova Chapela e Bimba&Lola; de 93% en Biofabri e do 85% en CZ e Domiberia e preto de 60% en Copo Ibérica. Tamén 100% das mulleres de Madeiras Iglesias. Nos centros de chamadas o paro ten unha incidencia elevada ao acadar 75% de seguimento en Unísono e 70% en Bosch

No sector público, afirma, hai un seguimento de 100% do paro na oficina de emprego do Calvario, no centro de ensino Mártin Códax, e nas escolas infantís municipais Atalaia de Teis, a de Saiáns e a de Tomás Alonso. Tamén o paro chega a 100% en E-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional) e na Asociación Lenda.

13:2

Seguemento en Ferrol, Pontevedra e Lugo

A CIG afirma que en Ferrol o paro entre as mulleres que traballan nos estaleiros de Navantia da cidade chega case a 100%, na planta de Einsa (As Ponte) e Masol Iberia Biofuel. Tamén a metade das traballadoras de Leche Celta (Pontedeume), Indipunt (Narón) e Geriatros Ferrol están secundando esta quenda de paros. Rexístrase paro tamén en Arteixo Telecom, na delegación da Xunta e no Concello de Ferrol. E o seguimento nos centros do Consorcio  é practicamente de 100%, só están traballando os servizos mínimos e non é difícil ver entre as mulleres nomeadas para estes servizos colantes apoiando a folga.

Pontevedra

En Pontevedra estase a rexistrar un alto seguemento na área pública, tanto no edificio administrativo da Xunta de Galiza, como na administración do Estado (Tráfico, Axencia Tributaria) e tamén na administración local, na Deputación Provincial e no propio concello de Pontevedra, ao igual que acontece no resto dos concellos da comarca.

Na limpeza hospitalaria, da universidade e da Biblioteca o paro é de 100% das traballadoras, e o mesmo pasa na limpeza viaria. Tamén tivo grande repercusión na conserveira Orbe, de Pontevedra; un amplísimo respaldo nas empresas de elaboración e conserva do peirao de Marín e tamén nas de Vilagarcía, O Grove e Cambados. No caso de Conservas Roma e Pérez Lafuente a folga é de 100%. Como tamén se rexistra un paro de 100% das mulleres de Carsa.

En Pontecesures parou até Nestlé; en Moraña secundaron o paro as traballadoras da fábrica de velas de barcos Northsails; constatouse un seguimento maioritario no Servizo de Axuda no Fogar de Forcarei, en Silleda e pararon, en xeral, as traballadoras de todos os concellos; as traballadoras de Ferrovial de limpeza dos colexios.

Nos hospitais houbo unha ampla participación no do Salnés e Montecelo e nos centros de atención máis importantes.

Lugo

En Lugo hai que destacar o seguimento que está a ter o paro no Centro Comercial As Termas, onde 100% das traballadoras non cooperativistas do Eroski están en greve ao igual que o están as traballadoras do Lefties. O paro tamén ten un notábel seguimento no pequeno comercio local e en estabelecementos relevantes como Ajedrez, onde as traballadoras tamén secundan o paro.

13:30

CIG salienta que miles de mulleres participaron nos paros laborais da quenda mañá (12:14 horas). "As galegas estamos demostrando a nosa capacidade de mobilización, a través da que somos quen de situar Galiza no mapa mundial do Paro Internacional de Mulleres"

 

13:16

Tamén en Ribadeo centos de mulleres tomaron parte na concentración convocada co gallgo do 8 de Marzo.

13:15

O presidente da Federación Galega do Comercio, José M. Seijas, translada o apoio deste sector ás demandas e reivindicacións das mulleres neste 8 de marzo. 

 

13:10

Movemento feminista e sindicatos salienta a "xornada histórica" que marca este 8 de marzo, cuoa convocatoria dunha greve xeral de mulleres no laboral, estudantil, de coidados e consumo. Destacan o seguemento dos paros e a importante asistencia a concentracións e mobilizacións.

 

13:00

As concentracións non só tiveron lugar nas principais cidades, tamén en Vilas como Cangas. Pola tarde hai convocadas novas mobilizacións, podes consultalas aquí

12:40

Afluencia moi grande en concentracións como a de Vigo ou Santiago de Compostela, con centos de mulleres a tomar parte nas mesmas. Imaxe: GZ Contrainfo

 

12:10

Concentracións por toda Galiza pola greve xeral das mulleres desafían o mal tempo. Importante asistencia a algunha delas, como as que tiveron lugar na Praza Roxa e na Praza de Galiza de Santiago de Compostela. As participantes nas diferentes mobilizacións exixen a igualdade real e denuncian machismo e sistema patriarcal.

12:00

A estas horas decorren diversas concentracións e mobilizacións en cidades e vilas galegas. Tamén comeza unha nova quenda de paros, que vai de 12:00 a 14:00 horas.

11:10

Desde moi cedo os piquetes percorreron polígonos industriais e centros de ensino. Nalgúns momentos, como se denuncia a través das redes sociais, foron obxecto de desprezo ou mesmo insultos, segundo denuncian na conta @feministas_sdc ("Os voy a partir las muelas" ou"Sois unas delincuentes"). Erguer denuncia identificacións policiais e mesmo ameazas de agresión por parte dun profesor da Universidade de Santiago.

A greve de mulleres do 8M continúa adiante.

10:40

Amplo seguimento da xornada de paro no ensino galego, nomeadamente no superior. Moitas facultades están hoxe baleiras de mulleres, que representan máis da metade das matrículas das universidades de Galiza.

Desde 'Estudantes feministas' (@feministas_sdc) denuncian que Luciano Méndez, profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais que fora sancionado polos seus comentarios sobre o escote dunha alumna, ameazou as alumnas que faltasen con motivo da greve #8M apelando a que “quen faltase tería unha desvantaxa respecto ao resto”.

10:20

Piquetes informativos desenvolven a súa actividade en polígonos industriais e nas rúas de barrios e vilas, explicando as razóns da greve.

10:10

Mandís en balcóns, en xanelas, en cancelos, en postes.... O mandil é neste 8M un símbolo da loita das mulleres pola igualdade real e contra violencias e discriminacións de xénero.

10:00 CIG critica as actitudes de "moitas empresas" que instaron as súas traballadoras a informar previamente se ían exercer o seu dereito á greve. Tal e como aconteceu estes días, afirman, en Abanca, na Axencia Tributaria ou nos centros dependentes do Consorcio de Igualdade e Benestar. 
Madrugada

Varios piquetes pola zona vella de Compostela explican os motivos da greve de mulleres deste 8M e chaman os locais abertos a se sumar ao protesto.

02:00

Nos hospitais da rede do Sergas só se cubriron nesas horas os servizos mínimos, tanto no que ten a ver co persoal sanitario como nos servizos da limpeza hospitalaria. Ademais, na zona de Vigo, nesta quenda están parando 95% das traballadoras de Alonarti e Denso, 90% en Domiberia, 50% en Prosegur BPO, máis de 40% en Asientos de Galicia, TRW-Dalphi e Plastic Omnium. E nas plantas de Einsa As Pontes, máis do 50% das mulleres desta quenda están a secundar o paro laboral.

00:00

Nesta primeira quenda de paros laborais, que a CIG convoca 00 a 02h, a central nacionalista lembra que o seguimento está condicionado polo feito de que a actividade se desenvolve en sectores moi masculinizados e nos que boa parte da quenda a realizan os homes.